1 de agosto de 2010

A Virxe do Carme navegou coa devoción dos veciños de Camelle


Centenares de persoas participaron na procesión marítima que alcanzou as localidades de Arou e Traba
CARBALLO/LA VOZ DE GALICIA/1/8/2010
Os veciños de Camelle despedíronse onte do mes de xullo coa tradicional procesión marítima en honra da Virxe do Carme. O sábado e o bo tempo foron suficientes para provocar que unha marea de visitantes acompañasen á homenaxeada nas súas lanchas ata as localidades de Arou e Traba, onde se lanzaron as coroas florais en memoria dos mariñeiros falecidos. A Virxe embarcouse no “Furuno” no medio da alegría das bucinas das embarcacións tras a misa solemne que oficiou o cura da parroquia Eulogio Torreira no peirao ás doce do mediodía.
O vento fixo con todo que algúns aspectos da festa tivesen que tomar outro rumbo, por exemplo a localización das alfombras florais que se crearon para a ocasión por primeira vez. Tal e como indicou a presidenta da comisión de festas, Perla Vázquez, «a idea era que decorasen ou porto», pero ao final tiveron que realizarse en torno ao atrio da igrexa do Espírito Santo, desde onde se baixou á imaxe ás once da mañá, acompañada pola popular e colorida danza de arcos.
Unha traca de fogos de artificio e de novo as bucinas dos barcos recibiron á Virxe á súa chegada ao porto. Os bailaríns e bailarinas retomaron o camiño de volta ata o templo ao ritmo da música. A melodía presidiu a cita ata altas horas da madrugada, coas actuacións do grupo Manila e orquésta Ciclón.

26 de julio de 2010

Sábado 31 de Xullo e o Domingo 1 de Agosto celebramos as festas do Carme e dos Remedios

Este Sábado 31 de Xullo, e o Domingo 1 de Agosto, celebramos en Camelle as festas do Carme e dos Remedios, recoméndovos que vaiades para ver a tradicional danza de arcos dos rapaces e rapazas de Camelle e o Sábado a procesión por mar.

3 de agosto de 2009

Fotos da danza de arcos de 2009

Aqui arriba tendes a galería coas fotos que saquei o sábado día 3 de agosto de 2009, espero que sexan do voso agrado.

Si algúen quere algunha foto en concreto que se poña en contacto conmigo.

Unha aperta.

Xurxo